Lolo Penas e Tina Formoso cumplen cos pronósticos e gañan O Gran Camiño

Lolo Penas e Tina Formoso cumplen cos pronósticos e gañan O Gran Camiño
Lolo Penas e Tina Formoso cumplen cos pronósticos e gañan O Gran Camiño

Atletismo Sar Vermú Petroni, Club Atletismo O Pino e Tambre Bike & Running gañan na categoría de equipos 

Os atletas arzuán Lolo Penas e a muradana Tina Fernández cumpriron o sábado cos pronósticos que os perfilaban como favorito do medio maratón O Gran Camiño e dominaron a proba dende que se deu a saída en Arzúa. Na meta de Arca ambos foron os primeiros na xeral masculina e feminina. Penas parou o cronómico en 1:11:50 horas tras percorrer os 21 quilómetros desta media maratón, mentres que Fernández marca un tempo de 1:28:09.

Lolo Penas, que milita no Club Atletismo O Pino, dominou a carreira dende a saída en Arzúa, e xa antes de chegar ao quilómetro 7 sacáballe uns metros de vantaxe ao segundo clasificado, José Manuel Vieito Vilacoba, que rematou cun tempo de 1:12:14. Akka Essaadaoui foi terceiro con 1:14:40.

Algo similar pasou na categoría feminina. Na que Tina Fernández non deu tregua a ningunha das súas rivais, ocupando o primeiro posto dende Arzúa ata a meta de Arca. A corredora do Atletismo Sar-Vermú Petroni marcou un tempo de 1:28:09. Silvia García Lorenzo, con 1:36:24 e Sandra Fernández Yáñez, con 1:39:01 completaron o podio feminino

Entre os 120 corredores que tomaron onte a saída en Arzúa figuraba o peregrino canario Jesús Martin Vargas, que tras chegar a Arca facendo o Camiño de Santiago e ver que se ía celebrar a proba, solicitoulle a organización o poder participar e foi quen de rematar no posto 25 da xeral cun tempo de 1:24:57.

Na categoría de clubes, o primeiro posto foi para o Atletismo Sar Vermú Petroni, con 69 puntos, seguido do Club Atletismo O Pino, con 77, e o Tambre Bike & Running, con 208 puntos.

Na entrega de trofeos aos gañadores participaron o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, xunto con concelleiros José Manuel Carreira, Eva Varela e José Fuentes; así como a concelleira de Arzúa Mª Carmen Fuentes.

Comentarios