Domingos, novo fichaxe do Santiago Futsal

Domingos, novo fichaxe do Santiago Futsal
Domingos, novo fichaxe do Santiago Futsal

Domingos recoñeceu estar moi ilusionado ao sumarse á lista de efectivos de David Rial para a temporada 2019-2020:

Tras as incorporacións de Nito e Gambín, o Santiago Futsal pechou a súa terceira alta para a nova temporada tras chegar a un acordo co xogador Domingos Xavier Pinto.

O á zurdo, nado en Cabo Verde, procede do Peixes Rubén Burela FS. Neste club, ao que chegou en infantís, converteuse nunha das grandes promesas do futbol sala galego chegando a disputar a campaña pasada o Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas coa Selección Galega Sub 19.

Domingos recoñeceu estar moi ilusionado ao sumarse á lista de efectivos de David Rial para a temporada 2019-2020: “estou moi emocionado e agradecido coa oportunidade de poder xogar no Santiago Futsal. É un club referente do futbol sala nacional, con moita historia e no que darei o mellor de min”.

Comentarios