Teatro e monicreques con Cultura na rúa

Teatro e monicreques con Cultura na rúa
Teatro e monicreques con Cultura na rúa

Os seus protagonistas, Fran Rei e Félix Rodríguez, convertéronse en dous recoñecidos chefs con pratos para todos os gusto

En grande o pasaron as persoas que asistiron na alameda á última cita de Cultura na rúa, o novo programa de ocio para este tempo de verán. Saaabor!  foi o espectáculo cómico no que a gastronomía, a música, a maxia, o humor e a participación do público se deron a man. 

Os seus protagonistas, Fran Rei e Félix Rodríguez, convertéronse en dous recoñecidos chefs con pratos para todos os gustos, conseguido un saboroso menú para todo tipo de padais. 

 Os monicreques Rivel, con A maxia do circo, chegarán o vindeiro venres ás 20 horas á alameda de Ordes, aínda que se chove trasladaranse á casa da cultura.

Comentarios