Educación investirá máis de 600.000 euros no CEIP Raíña Fabiola

Educación investirá máis de 600.000 euros no CEIP Raíña Fabiola
Educación investirá máis de 600.000 euros no CEIP Raíña Fabiola

As actuacións contempladas na rehabilitación integral do CEIP Raíña Fabiola inclúen medidas para mellorar a súa eficiencia enerxética

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de adxudicar as obras de rehabilitación integral do CEIP Raíña Fabiola (Santiago de Compostela), na que se investirá 625.467,48. As obras realizaranse a través do anticipo de tesourería aprobado no Consello da Xunta para axilizar a licitación das obras con cargo ao superávit de 2018. Os traballos comezarán a executarse os vindeiros días.

As actuacións contempladas na rehabilitación integral do CEIP Raíña Fabiola inclúen medidas para mellorar a súa eficiencia enerxética. Para iso, illarase a fachada do volume principal, aula de música e comedor mediante sistema envolvente SATE, substituiranse as ventás por unhas novas de carpintería de madeira, acabado ao esmalte, e con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e instalaranse novas luminarias de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza en zonas comúns. Todas estas medidas combinadas supoñen un aforro do 22,3% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 28,1% en emisións de CO2.

Por outra banda, mudarase o acabado da cuberta plana actual do volume principal, por unha de lousa filtrón, mantendo impermeabilización e illamento actual; mentres que no resto de cubertas do edificio principal realizarase un mantemento e reparación da cuberta vexetal existente, así como a retirada da árbore do patio que está danando a fachada. 

A maiores, colocarase falso teito acústico de cartón xeso no interior da edificación e paneis de virutas de madeira no patio exterior e zonas porticadas, zonas estas últimas nas que tamén se desenvolverán traballos de pintado e mellora do sistema de drenaxe. Así mesmo, mellorarase a accesibilidade da varanda da escaleira interior, coa colocación dun pasamáns, pulirase o  pavimento de terrazo e procurarase unha mellora do sistema de ventilación do centro.

Comentarios