Sí, agora parece que comeza o verán en Compostela

Sí, agora parece que comeza o verán en Compostela
Sí, agora parece que comeza o verán en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima ata os 28ºC

O mércores quedaremos en Galicia baixo a influencia das altas presións. 

Con isto, agárdase unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con algunha nube baixa no terzo norte. 

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán, con sensación de calor pola tarde na metade sur. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima ata os 28ºC.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral.

Comentarios