Os rapaces de Ames poderán disfrutar de cursos de natación

Os rapaces de Ames poderán disfrutar de cursos de natación
Os rapaces de Ames poderán disfrutar de cursos de natación

Os obradoiros terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro

A Concellaría de Deportes de Ames abriu este martes, 9 de xullo, o prazo de inscrición para os cursos de natación que se desenvolverán no concello durante o mes de agosto. Os obradoiros terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. 

Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña, e pecha o prazo de inscrición o vindeiro 19 de xullo. 

Así, os e as interesadas en participar nalgunha das cinco quendas do curso de natación de agosto  poderán anotarse no curso entre o 9 e o 19 de xullo. 

Os cursos de agosto, como xa ocorreu cos que se están a desenvolver este mes de xullo, están organizados en función da idade das e dos participantes, polo que ambos manterán os mesmos horarios. 

Ás 11:15h comezarán as persoas que superen os 10 anos de idade, mentres que ás 12:00h será a quenda daquelas e aqueles entre os 8 e os 9 anos. 

A continuación, ás 12:45h, entrará na piscina a rapazada cuxa idade estea comprendida entre os 6 e os 7 anos, aos que seguirán os cativos e cativas de entre 3 e 5 anos a partir das 13.30h, que serán os últimos en mergullarse.

Comentarios