A Audiencia Provincial de Pontevedra absolve un home que foi interceptado con droga no Bao

A Audiencia Provincial de Pontevedra absolve un home que foi interceptado con droga no Bao
A Audiencia Provincial de Pontevedra absolve un home que foi interceptado con droga no Bao

“Non consta que ditas substancias estivesen predestinadas á súa transmisión a terceiras persoas”, afirma o tribunal na súa sentenza

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu do delito contra a saúde pública que lle imputaba a fiscala a un home que en maio de 2017 foi interceptado pola Policía Nacional no Bao cando portaba 0,5 gramos de heroína e 0,7 gramos de cocaína. 

“Non consta que ditas substancias estivesen predestinadas á súa transmisión a terceiras persoas”, indica o tribunal na sentenza, na que salienta que se acreditou “a condición de consumidor de tales substancias do sospeitoso e que dispoñía de cartos para a súa adquisición”. 

A Audiencia salienta que a “proba nuclear” da acusación son unhas supostas confesións espontáneas que o sospeitoso lle realizou a un axente sobre que a droga ía ser destinada ao tráfico ilícito. “Tales manifestacións foron negadas polo acusado no xuízo, quen engadiu que tería que ser parvo para dicirlle iso”, sinalan os maxistrados, que conclúen que non se pode “descartar unha confusión ou equivocación no receptor ou no emisor das manifestacións”.

Comentarios