Aparece o corpo sen vida dunha muller no río Sil

Aparece o corpo sen vida dunha muller no río Sil
Aparece o corpo sen vida dunha muller no río Sil

Segundo a información recibida no 112 Galicia a través da Garda Civil, o corpo foi avistado ás 9:30 horas desta mañá á altura da Ponte Romana da Cigarrosa

O corpo sen vida dunha muller foi localizado en augas do Río Sil, ao seu paso por Petín.

Un equipo de bombeiros a bordo dunha embarcación pneumática recuperaron o cadáver para a súa identificación.

Segundo a información recibida no 112 Galicia a través da Garda Civil, o corpo foi avistado ás 9:30 horas desta mañá á altura da Ponte Romana da Cigarrosa. Así, co fin de recuperar o cadáver, os axentes solicitaron a intervención dos efectivos do Parque de Bombeiros de Valdeorras, que mediante unha embarcación accederon ao corpo e o levaron ata a beira para a súa posterior identificación.

De momento, descoñécense as causas do falecemento.

Comentarios