Unha colisión entre dous turismos e un autobús deixa dúas persoas feridas en Cuntis
Segundo indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda, a colisión produciuse minutos antes das nove desta mañá á altura do Campo de Fútbol da Ran
Dúas persoas necesitaron asistencia médica despois de colidiren dous turismos e un autobús na N-640, ao paso pola localidade pontevedresa de Cuntis.
Tamén a circulación foi interrompida mentres duraron as labores de asistencia aos feridos e retirada dos vehículos sinistrados.
Segundo indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda, a colisión produciuse minutos antes das nove desta mañá á altura do Campo de Fútbol da Ran. Alí acudiron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias para atender a dous feridos, dos cales un foi evacuado en ambulancia, mentres que outra persoa decidiu acudir a un centro médico pola súa conta.
Igualmente, neste operativo colaboraron os membros do GES da Estrada e os axentes da Garda Civil de Tráfico, pois por mor do accidente, a circulación quedou interrompida ata a finalización de asistencia, limpeza e retirada dos danos provocados polo impacto. De feito, desde o 112 Galicia, informouse ao persoal de telefónica debido a que o autobús bateu tamén contra un poste.