Lousame organiza un curso gratuíto para aprender a facer os trámites municipais a través da sede electrónica

Un curso que terá lugar o mércores 17 de xullo, ás 11:00 horas, na aula de informática da Casa da Cultura de Lousame

O Concello de Lousame organiza un curso gratuíto para aprender a facer os trámites municipais a través da súa sede electrónica, o que permite realizar estas xestións sen ter que ir presencialmente á casa consistorial e con total liberdade de horarios. Un curso que terá lugar o mércores 17 de xullo, ás 11:00 horas, na aula de informática da Casa da Cultura de Lousame. 

A participación é de balde, previa inscrición no teléfono 981 820 494 ou na Casa do Concello. Un curso organizado polo Concello de Lousame en colaboración coa Deputación da Coruña

Comentarios