As seleccións futbolísticas de Ribeira que se proclamaron campioa e subcampioa na Aveiro cup

As seleccións futbolísticas de Ribeira que se proclamaron campioa e subcampioa na Aveiro cup
As seleccións futbolísticas de Ribeira que se proclamaron campioa e subcampioa na Aveiro cup

Logo de obsequiar a xogadores e corpo técnico cunhas medallas, a cita rematou coa tradicional foto de familia na escalinata do vestíbulo da Casa Consistorial

O salón de plenos do Consistorio ribeirense foi obxecto na tarde do martes dunha recepción oficial ás seleccións sub-11 e sub-12 de Ribeira logo das súas exitosas participacións na Aveiro Cup disputada en Portugal, onde lograron o campionato e o subcampionato, respectivamente.

O acto estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contou tamén coa intervención da concelleira de Deportes Juana Brión e a presenza doutros edís pertencentes a distintos grupos da Corporación. O rexedor Ruiz Rivas destacou o alto nivel que ten hoxe en día o balompé no noso municipio e lembrou a importancia de saber compaxinar a práctica do deporte cos estudos. 

Logo de obsequiar a xogadores e corpo técnico cunhas medallas, a cita rematou coa tradicional foto de familia na escalinata do vestíbulo da Casa Consistorial.

Comentarios