IESIDE presenta o taller "Constrúe o teu futuro" en Santiago de Compostela

IESIDE presenta o taller "Constrúe o teu futuro" en Santiago de Compostela
IESIDE presenta o taller "Constrúe o teu futuro" en Santiago de Compostela

Neste seminario os participantes poderán experimentar en primeira persoa a metodoloxía de IESIDE, baseada no learning by doing

IESIDE e a Área de Orientación Laboral e Emprego da USC presentan en Santiago de Compostela o taller "Constrúe o teu futuro" que se celebrará hoxe xoves 11 de xullo, de 10.00 a 14.00 h, na Facultade de Dereito da USC. A participación é gratuíta.

Neste seminario os participantes poderán experimentar en primeira persoa a metodoloxía de IESIDE, baseada no learning by doing, a mesma que aplican en programas como o MBA Full Time e que combina a aprendizaxe experiencial con diversión e rigor. 

Así, a través de dinámicas con LEGO deberán superar diferentes retos que permiten adestrar capacidades como a creatividade, a innovación, o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación, e que lles permitirán coñecer as súas fortalezas e para que postos de traballo é a persoa ideal.

Comentarios