Bugallo inaugura hoxe na Casa do Cabido unha exposición de fotografías do Camiño de Santiago

Bugallo inaugura hoxe na Casa do Cabido unha exposición de fotografías do Camiño de Santiago
Bugallo inaugura hoxe na Casa do Cabido unha exposición de fotografías do Camiño de Santiago

Hoxe xoves inaugúraa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo

A Casa do Cabido, na praza das Praterías, vai acoller unha nova exposición, A paisaxe e a súa pegada I, que amosará a visión que catro fotógrafos teñen da paisaxe do Camiño de Santiago e da cidade. Trátase de Alberte Peiteavel, Javier Teniente, Sheila Pazos e Tino Viz. Hoxe xoves inaugúraa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo. 

Ao acto asistirán, ademais dos fotógrafos participantes nesta iniciativa, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde; xunto á comisaria da mostra, Mercedes Rozas.

Esta mostra enmárcase dentro do proxecto expostivo “Imaxinando Compostela”, que o Consorcio de Santiago está a promover vencellado ao Xacobeo 2021.

Comentarios