Prepárense para temperaturas superiores aos 30ºC na cidade

Prepárense para temperaturas superiores aos 30ºC na cidade
Prepárense para temperaturas superiores aos 30ºC na cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 32º

A situación meteorolóxica continuará marcada por un débil anticiclón que entrará en forma de cuña dende os Azores.

Isto fará que teñamos unha xornada de ceo pouco anubrado ou despexado, con nubes baixas en puntos do litoral de A Coruña e nubes de estancamento na Mariña lucense. 

As temperaturas non terán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 32º.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con algún intervalo de moderado no litoral.

Comentarios