Un incendio nun transformador en Área Central obriga evacuar varias vivendas do complexo

Un incendio nun transformador en Área Central obriga evacuar varias vivendas do complexo
Un incendio nun transformador en Área Central obriga evacuar varias vivendas do complexo

Ocorreu pasadas as sete desta mañá, cando pequenos estouros e unha fumareda alertaron aos veciños e ao persoal de seguridade do Centro Comercial

Un incendio nun transformador eléctrico deixa sen luz algunhas vivendas do complexo de Área Central, en Santiago, e obriga a evacuar a unha persoa enferma ata o restablecemento da subministración.

Ocorreu pasadas as sete desta mañá, cando pequenos estouros e unha fumareda alertaron aos veciños e ao persoal de seguridade do Centro Comercial.

Decontado, puxeron os feitos en coñecemento do 112 Galicia para a mobilización dun operativo que localizou a orixe do fume e dos estoupidos nun transformador instalado no acceso ao aparcamento. Debido a esta situación, varias vivendas quedaron sen luz e mesmo tivo que ser evacuada unha muller enferma que necesitaba de respirador automático.

Por iso, desde o 112 Galicia, tamén se solicitou a colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Santiago, que acompañaron á doente e aseguráronse que o seu respirador contaba con suficiente batería mentres duraron os traballos de extinción do incendio. 

Unhas labores nos que se centraron os bombeiros da cidade, quen, unha vez finalizada a súa intervención, cederon a quenda dos técnicos para o restablecemento do subministro eléctrico nas vivendas afectadas. 

Comentarios