Antón Sánchez pide que a Xunta se presente como parte interesada na demanda para recuperar o pazo de Meirás

Antón Sánchez pide que a Xunta se presente como parte interesada na demanda para recuperar o pazo de Meirás
Antón Sánchez pide que a Xunta se presente como parte interesada na demanda para recuperar o pazo de Meirás

O vicevoceiro do GP En Marea vén de rexistrar unha iniciativa para esixir que o goberno galego se incorpore á causa aberta polo Estado

O vicevoceiro do Grupo Parlamentario En Marea Antón Sánchez rexistrou esta mañá no Parlamento de Galicia unha Proposición Non de Lei para esixir que a Xunta se persone como parte lexitimamente interesada, na demanda interposta polo Goberno do Estado no Xulgado de Primeira Instancia 1 de A Coruña para a recuperación da posesión en dominio público do Pazo de Meirás.

"Ten que ser parte lexítimamente interesada", sinalou Sánchez, "por ser a a dministración que custodia o BIC e polo interese político de todos os galegos e galegas". Lembrou ademais que no Parlamento galego xa se aprobaron dúas iniciativas por unanimidade neste mesmo sentido, unha delas promovidas por En Marea.

Sánchez cualificou de "boa nova" esta demanda interposta pola Avogacía do Estado, pois "marca un fito nunha loita dos colectivos da memoria e da sociedade civil, que levan moitos anos pelexando pola recuperación deste símbolo tanto da dictadura, da represión e do abuso da represión".

"Os descendentes de Franco seguiron disfrutando das prevendas obtidas con amezas, extorsión e violencia, como o pazo de Meirás , onde aínda veñen a disfrutar desas instalacións para vergoña e humillación dos democratas e das moitas vitimas da ditadura", dencunciou Sánchez en rolda de prensa.

Trátase de avanzar cara a recuperaición dunha memoria democrática "como base para que non se repitan na historia nunca máis estes acontecementos", engadiu Sánchez. 

Comentarios