Rescatan a un camioneiro ao quedar atrapado entre un muro e o seu vehículo

Rescatan a un camioneiro ao quedar atrapado entre un muro e o seu vehículo
Rescatan a un camioneiro ao quedar atrapado entre un muro e o seu vehículo

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación mediante a chamada de alerta dun veciño ás 10:45 horas de hoxe

En Arteixo tiveron que intervir os bombeiros para rescatar a un camioneiro que quedou atrapado entre un muro e o seu vehículo. 

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación mediante a chamada de alerta dun veciño ás 10:45 horas de hoxe. Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, pediuse a colaboración dos efectivos de Arteixo, pois o condutor do camión quedou atrapado polo seu propio vehículo, ao que se lle soltou a marcha. 

Segundo explicaron os bombeiros, o ferido manexaba un camión porta contedores, que comezou a desprazarse cando o condutor se apeou do vehículo para manobrar co guindastre que leva incorporado. Deste xeito, o camión sen condutor bateu contra un poste e deixou ao camioneiro atrapado polas pernas.

O sinistro produciuse na parroquia arteixana de Morás. En concreto, na Rúa Mulleres Afganas.

Comentarios