Titiricircus en Cultura na rúa

Titiricircus en Cultura na rúa
Titiricircus en Cultura na rúa

Hoxe venres a partir das 20 horas na alameda os monicreques da compañía Tanxarina renderanlle unha emotiva homenaxe ao mundo do circo clásico

O Concello de Ordes continúa co seu programa Cultura na rúa. A nova data está posta para hoxe venres, 12 de xullo, xornada na que os monicreques serán o prato forte. Titiricircus é o título do espectáculo que ofrecerá a compañía Tanxarina a partir das 20 horas na alameda. 

Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa. Todo a través dos recordos e historias de dous dos seus vellos traballadores e para o que se valen de marionetas e fíos. Sempre coa participación do público, serán capaces de repetir moitos dos números máis importantes que chegaron a darlle alta sona ao dito circo, como poden ser o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo etc.

Comentarios