Brión acollerá un curso para aprender a desarrollar Apps para dispositivos móbiles dirixido a rapaces

Brión acollerá un curso para aprender a desarrollar Apps para dispositivos móbiles dirixido a rapaces
Foto de arquivo
Brión acollerá un curso para aprender a desarrollar Apps para dispositivos móbiles dirixido a rapaces

Un curso gratuíto pero cuxo número de prazas está limitado, polo que a admisión farase por orde de inscrición

A Aula CeMIT do Concello de Brión acollerá o vindeiro xoves 18 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas, o curso “TechKids: crea a túa App” dirixido a mozos e mozas de 12 a 18 anos. Un curso gratuíto pero cuxo número de prazas está limitado, polo que a admisión farase por orde de inscrición na web https://cemit.xunta.gal/es/actividade/28992 ou no teléfono 981 509 908.

Este curso forma parte dun convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica para fomentar o interese pola tecnoloxía entre a mocidade. En concreto, este curso que terá lugar en Brión permitirá que a mocidade brionesa aprenda como desenvolver aplicacións para dispositivos móbiles, deseñar e crear o seu propio videoxogo ou crear contidos dixitais. O obxectivo final do curso é impulsar as vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

Comentarios