Éxito de participación na andaina pola Ruta do Tambre

Éxito de participación na andaina pola Ruta do Tambre
Éxito de participación na andaina pola Ruta do Tambre

Máis de 120 persoas participaron este sábado na andaina pola Ruta do Tambre, organizada polas Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente ao abeiro do programa SaudeAndo

Máis de 120 persoas participaron este sábado na andaina pola Ruta do Tambre, organizada polas Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente ao abeiro do programa SaudeAndo. Durante o percorrido, os/as participantes foron supervisados polo monitor de marcha nórdica Ricardo Angueira e guiados pola técnica municipal da Aula da Natureza, Patricia Reboreda. Trala camiñada, os paseantes puideron gozar dun almorzo saudable para recargar forzas, composto por gran variedade de froita, torradas, empanada e auga. O programa SaudeAndo ten como obxectivo o fomento da práctica de actividade física non contexto social e distendido.

A xornada do sábado pola Ruta do Tambre comezou ás 10.30h na praia fluvial de Tapia, onde o monitor de marcha nórdica Ricardo Angueira adicou uns primeiros minutos a introducir aos participantes na práctica da marcha nórdica. Asemade, este primeiro contacto consistiu tamén en coñecer os beneficios desta disciplina e aclarar cuestións como a utilización dos bastóns ou a colocación do corpo durante a camiñata. De seguido, o grupo comezou a camiñada, que pasou por puntos como a Ponte Maceira, Lens, Oca e a Igrexa da Virxe do Corpiño, todo elo antes de rematar de novo na praia fluvial de Tapia.

Os participantes estiveron acompañados durante todo o percorrido pola concelleira de Sanidade e Benestar Social, Luisa Feijóo; o concelleiro de Transición Ecolóxica, Manuel Lens; a nutricionista municipal e responsable técnica do programa Ames Saudable, Rosana Martínez, e a técnica municipal de Medio Ambiente, Patricia Reboreda. Patricia foi a encargada de guiar e ilustrar o paseo, durante o que sinalou diversas curiosidades sobre a vexetación, a fauna e os escenarios polos que foi transcorrendo a andaina.

A continuación, o grupo puido repoñer forzas no almorzo saudable, que comezou arredor das 13.00h.O almorzo, deseñado pola nutricionista municipal, constou de distintos tipos de froita como fresas, melón, sandía e mazá; así como torradas con aceite de oliva e/ou tomate, empanada, e auga entre outros. Ao remate da comida, os/as participantes foron trasladados ata Bertamiráns e Milladoiro en autocar.

Comentarios