O Goberno Local de O Pino reduce as dedicacións a dúas e mantén os salarios da anterior lexislatura

O Goberno Local de O Pino reduce as dedicacións a dúas e mantén os salarios da anterior lexislatura
O Goberno Local de O Pino reduce as dedicacións a dúas e mantén os salarios da anterior lexislatura

Serán asumidas polo alcalde e a concelleira de Educación e Cultura

O equipo de goberno de O Pino reduce de tres a dúas as dedicacións exclusivas para a presente lexislatura e mantén os mesmos salarios do pasado mandato, segundo se aprobou no pleno de organización desta mañá cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e o voto en contra do PSdeG. No pleno tamén se aprobou celebrar sesións ordinarias o último mércores de cada trimestre ás 10.00 horas e crear a xunta de goberno local, que se reunirá cada quince días, puntos nos que a oposición votou en contra.

Nesta lexislatura tamén haberá unha asignación anual para os tres grupos políticos da Corporación (PP, PSdeG e BNG), que será de 300 euros fixos, máis outros 800 euros anuais por cada concelleiro integrado no mesmo; así como as indemnizacións por asistencias a plenos (120 euros), a xunta de goberno local e a comisión especial de contas (200 euros). Estes puntos aprobáronse co voto a favor do PP, a abstención do BNG e o voto en contra do PSdeG.

Polo que respecta as dedicacións exclusivas, o equipo de goberno contará só con dúas (eran tres no anterior mandado), que quedaron asignadas ao alcalde e a concelleira de Educación e Cultura, que cobrarán 40.000 e 20.605,06 euros brutos anuais distribuídos en catorce pagas, o mesmo salario que tiñan asignado dende hai catro anos. A votación saldouse con 6 votos a favor, 2 abstencións e 3 en contra, coma no punto anterior.

A xunta de goberno local queda integrada polo alcalde e os concelleiros José Manuel Carreira, Gerardo Pintor e José Fuentes que, tamén por esta orde, ocuparán as tenencias de alcaldía.

Cos votos a favor do equipo de goberno e a abstención da oposición, nomeáronse os representantes do concello nos órganos colexiados, quedando Eva Varela como representante no consello escolar do CPI Camiño de Santiago; e o alcalde, Manuel Taboada, no GDR Ulla-Tambre-Mandeo, na Asociación de Municipios del Camino Francés e na Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.

Da comisión especial de contas, que se creou cos 6 votos a favor do goberno e 5 abstencións da oposición, formarán parte o alcalde, tres concelleiros do PP, dous dos PSdeG e 1 do BNG.

Polo que respecta a distribución de áreas de goberno, a proposta da alcaldía foi distribuílas do seguinte xeito:a seguinte:

- Eva Varela Gago: Aárea de Educación e Cultura: Eva Varela Gago

- José Manuel Carreira López: Área de Infraestruturas e Medioambiente, e área de Parques e Xardíns.

- Mercedes Vázquez Rodeiro: Área de Benestar Social, Muller, Familia e Xuventude.

- Gerardo Pintor Gómez: Área de Sanidade e Medio Rural.

- José Fuentes Barreiro: Área de Emprego e Promoción Económica.

- Manuel Taboada Vigo: Áreas de Urbanismo, Deportes, Facenda, Persoal, Turismo e Camiño de Santiago.

Comentarios