Xornada soleada de venres

Xornada soleada de venres
Xornada soleada de venres

En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 31ºC

Galicia continuará baixo influencia das altas presións, aínda que achegándose aire frío en capas altas ó final do día. 

Con esta situación teremos unha xornada de ceo despexado, con nubes de estancamento a primeiras horas no extremo norte e algunhas nubes medias e altas que entrarán ao final da tarde pola metade sur.

Xa pola noite agárdanse chuvascos que se moverán de sur a norte. 

As temperaturas máximas ascenderán, acadándose valores superiores aos 30ºC en moitos puntos de Galicia. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 31ºC.

Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos no interior, moderados na costa, con algún intervalo forte entre Bares e Fisterra.

Comentarios