Compostela Aberta denuncia o "desmantelamento" do parque de cans de Galeras

Compostela Aberta denuncia o "desmantelamento" do parque de cans de Galeras
Foto: Facebook Compostela Aberta
Compostela Aberta denuncia o "desmantelamento" do parque de cans de Galeras

O pasado mércores unha patrulla da Policía Local visitou as instalacións para desaloxar aos cans e os seus donos

A formación política de Compostela Aberta denunciou durante o día de onte a "desmantelación" do parque para cans ceibos que se estaba a utilizar na rúa Domingo García-Sabell, no barrio de Galeras.

Segundo a información que facilita CA, o mércores 11 de xullo a Policía Local de Santiago presentouse na parcela para desaloxar a todas as persoas que estaban neses intres paseando aos seus cans no parque. Non se lle deron máis explicacións xa que pediron que se foran do parque.

O partido pide que o concello explique os motivos dese "desmantelamento" así como ter unha copia do parte policial da intervención que se fixo o mércores. Culpan a concelleira Mila Castro da situación vivida entre os locais e os veciños que estaban no parque.

Comentarios