Dous anos de cárcere a un acusado dunha agresión nunha discoteca de Santiago

Dous anos de cárcere a un acusado dunha agresión nunha discoteca de Santiago
Dous anos de cárcere a un acusado dunha agresión nunha discoteca de Santiago

O tribunal indica que a sentenza da Audiencia inclúe unha “extensa, pormenorizada e exhaustiva motivación”

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de dous anos de cárcere que a Audiencia Provincial da Coruña lle impuxo a un acusado de darlle unha malleira a un home e de golpear o seu acompañante en outubro de 2016 no interior dunha discoteca de Santiago. O tribunal indica que a sentenza da Audiencia inclúe unha “extensa, pormenorizada e exhaustiva motivación”.

“É certo que existen algunhas contradicións sobre o tipo de relación que manteñen na data do xuízo os agredidos, sobre o estado do denunciante tras recibir os golpes ou o grao de intervención do dono ou encargado da discoteca na pelexa, pero todas elas recaen sobre elementos intranscendentes que, por iso, non restan credibilidade aos devanditos testemuños, como se explicita na sentenza impugnada”, indica o TSXG, que destaca que “a atribución dos feitos ao acusado mantívose en idénticos termos desde que ocorreron”.

Comentarios