Evacuada en helicóptero unha persoa ferida grave tras envorcar co seu vehículo en Vedra

Evacuada en helicóptero unha persoa ferida grave tras envorcar co seu vehículo en Vedra
Evacuada en helicóptero unha persoa ferida grave tras envorcar co seu vehículo en Vedra

O accidente ocorreu pasados dez minutos das 20:00 horas de onte, cando o vehículo circulaba á altura de Trobe, pola AC-241, ao redor do punto quilométrico 9.500

Unha persoa resultou ferida grave despois de envorcar co seu vehículo na localidade coruñesa de Vedra.

O accidente ocorreu pasados dez minutos das 20:00 horas de onte, cando o vehículo circulaba á altura de Trobe, pola AC-241, ao redor do punto quilométrico 9.500. Foi a esa hora, cando un particular alertou ao 112 dun coche envorcado e, posiblemente, unha persoa atrapada no seu interior.

Con estes datos, o 112 Galicia pasou aviso decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ordes e á Garda Civil de Tráfico. Ademais, puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Santiago, do GES da Estrada, dos efectivos de Protección Civil da localidade e do persoal do servizo de mantemento da vía.

Debido á gravidade do paciente, foi necesario que o helicóptero medicalizado con base en Santiago se desprazase ata o lugar, que tras tomar terra no lugar dos feitos, trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de referencia.

Comentarios