Discrepancias no PP de Touro deixan a Xunta de Goberno sin formar

Discrepancias no PP de Touro deixan a Xunta de Goberno sin formar
Discrepancias no PP de Touro deixan a Xunta de Goberno sin formar

Discrepancias no goberno local provocaron que a Xunta de Goberno non fose constituída no concello de Touro. Deste xeito o nomeamento dos seus membros queda aprazado até que os membros do Partido Popular  resolvan as súas discrepancias internas

 Este venres levouse a cabo o pleno de organización do municipio, no que o alcalde Ignacio Codesido volveu a subirse o soldo até o máximo o legal de 42452,24 €, ó mesmo tempo que manifestou que "se poidese subiría aínda máis o soldo xa que non cobra suficiente". 

Outro dos puntos polémicos foi a creación das comisións informativas, xa que o PP optou por crear até 5, presididas cada unha delas por concelleiros do PP, algo que a marea veciñal califica "como un chiringuito para xustificar salarios para os concelleiros do PP que quedaron fóra da Xunta de Goberno". 

A marea veciñal tamén recurrirá a composición das comisións informativas xa que non atende á proporcionalidade do pleno, o que provocaría a infrarepresentación do principal partido da oposición. A marea, que propoñía a conformación de dito órgano cun só representante de cada grupo con voto ponderado, recurrirá este acordo e denuncia un gasto desproporcionado en relación ó tamaño do concello.

Comentarios
Lo más