O Valedor só formalizou ante a Mesa do Parlamento a petición de subida de soldo prevista polo Goberno para todos os empregados públicos

O Valedor só formalizou ante a Mesa do Parlamento a petición de subida de soldo prevista polo Goberno para todos os empregados públicos
O Valedor só formalizou ante a Mesa do Parlamento a petición de subida de soldo prevista polo Goberno para todos os empregados públicos

Como alta comisionada do Parlamento de Galicia, a institución tense que dirixir sempre que hai modificacións nas retribucións ao órgano parlamentario para que dea a súa aprobación

A institución do Valedor do Pobo vén de rexistrar un documento ante o Parlamento de Galicia para facer formal a subida de soldo para todos os empregados públicos da súa oficina aprobada o pasado xuño polo Goberno central, e que beneficiará a todos os funcionarios da nosa comunidade, incluídos os altos cargos.

Ante as denuncias achegadas por parte da deputada Carmen Santos, do Grupo En Marea, a valedora do pobo, Milagros Otero Parga, quixo aclarar que esta subida que chega de Madrid afecta á vintena de empregados públicos que traballan no seo da institución a partires da nómina de xullo. “Non pedín aumento de soldo para min, pedino para todas as persoas da oficina e para os que veñan detrás, como é a miña obriga facelo”, afirma Otero.

“Xusto para min, a que menos”, dixo. “Eu xa teño dereito a este incremento como funcionaria que son da Universidade de Santiago”, engadiu. “Solicito o incremento formalmente porque é a miña obriga facelo en virtude do marco regulador das relacións entre a valedoría, alta comisionada do Parlamento, coa propia Cámara galega”, afoimou. Como quere aclarar, ten a obriga de facelo para os traballadores desta oficina e tamén para os que veñan nun futuro. Se non se fixera esta solicitude os funcionarios da institución non poderían acceder a este aumento establecido con carácter xeral para todo o persoal público da comunidade.

A titular da valedoría amosou a súa perplexidade ante a reacción dalgúns parlamentarios, ante un “trámite formal” realizado ante a Cámara. En concreto, quere incidir en que se trata de algo xeral e non algo que “Milagros Otero se teña inventado”.

O Parlamento de Galicia, tanto para os seus empregados e altos cargos, como para os dos seus órganos comisionados debe aprobar esta subida con atención ao acordo acadado entre a Xunta e os sindicatos e que afecta a todos os empregados públicos da comunidade,

Comentarios