O Goberno Local aproba subvencións para os barrios de Santiago

O Goberno Local aproba subvencións para os barrios de Santiago
Sindo Guinarte na rolda de prensa
O Goberno Local aproba subvencións para os barrios de Santiago

A Xunta do Goberno Local aproba as subvencións nos distintos barrios de Compostela e publica ás cifras destinada polos patrocinadores para as festas do Apóstolo.

Despois do pleno que tivo lugar na Casa do Concello de Santiago as 09:00 horas. O concelleiro secretario da Xunta do Goberno Local, Sindo Guinarte, concedeu unha rolda de prensa ante os medios para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

A concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica comunica que se aproban as bases destinadas ao finaciamento de 128 actuacións para as subvencións á rehabilitación no ámbito da zona urbana do barrio de Vistalegre ,cunha achegada total de 1.280.000 (1.024.00 Ministerio de Fomento + 256.000 Xunta de Galicia).

Apróbanse o financiamento de 25 actuacións destinada á rehabilitación e rexeneración do casco histórico cunha cantidade de 150.000 euros.

Destínanse 240.000 euros ás subvencións á rehabilitación do Grupo de Vivendas Compostela e Cardeal Quiroga Palacios do barrio de Pontepedriña.

Apróbase o financiamento de 640.000 para a renovación urbana do barrio de Vite.

No relativo ao estadio municipal "Verónica Boquete" (San Lázaro) a concelleira delegada de deportes aproba a cesión a favor da SD Compostela durante 2019/20.

As festas do Apóstolo van contar con patrocinadores oficiais no que o concelleiro delegado de Festas fixo públicas as cifras acordadadas por cada entidade. El Corte Inglés 6.000 euros, Centro Comercial As Cancelas 4.500 euros, Gadisa 7.260 euros e Hijos de Rivera aportará uns 17.000. Ademais asinan un acordo entre a Cidade da Cultura para a celebración de actividades de fomento da cultura emprendedora.

Tras a rolda de prensa Sindo Guinarte, concedeu un tempo para preguntas na que algún xornalista reivindicou a presenza do señor alcalde antes os medios.

Comentarios