En Marea pide unha "solución inmediata" a situación da lagoa do Monte Neme

En Marea pide unha "solución inmediata" a situación da lagoa do Monte Neme
En Marea pide unha "solución inmediata" a situación da lagoa do Monte Neme

Lembra que Leitosa ten relacións con empresas implicadas na Operacion Gürtel e recibiu máis de 600 mil euros de axudas públicas

O vicevoceiro do Grupo Parlamentario En Marea, Antón Sánchez, vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de lei para reclamarlle á Xunta unha solución inmediata á explotación mineira de Monte Neme e á lagora orixinada no lugar trala abandono da mesma.  

"Sabemos que a raíz dunha promoción turística feita de xeito absolutamente irresponsable pola propia Xunta, persoas que se bañaron nas lagoas abandonas sufriron diversos problemas de saúde que foron atendidos nos hospitais públicos da Coruña", sinalou Sánchez, que considera prioritario "garantir a seguridade das persoas e a saúde medioambiental".

Para Sánchez, que esixe a drenaxe e selado das balsas na súa iniciativa,  a situación de Monte Neme é a demostración da política que o grupo En Marea vén denunciando nos últimos anos, "que o modelo imposto polas políticas mineiras da Xunta de Galicia, encabezadas por Bernardo Tahoces, o director xeral de Minas, e máis polo señor Feijóo sempre apostan pola privatización dos beneficios e a externalización das perdas ou dos custes ambientais". 

"Esta empresa, Leitosa, que ten relacións con con empresas da operación Gurtel e está implicada en diversas actuacións irregulares e  quebrou despois de cobrar máis de 600 mil euros de axudas públicas por parte da Xunta de Galicia, agora deixanos unha hipoteca para o futuro que teremos que afrontar con recursos de todas e todas", concluíu Antón Sánchez. 

Comentarios