A concelleira de Cultura, Vanesa Boo, e Luis Rey participaron na XIV Certame Internacional Góis-Oroso Arte

A concelleira de Cultura, Vanesa Boo, e Luis Rey participaron na XIV Certame Internacional Góis-Oroso Arte
A concelleira de Cultura, Vanesa Boo, e Luis Rey participaron na XIV Certame Internacional Góis-Oroso Arte

A concelleira Vanesa Boo e o concelleiro Luis Rey participaron na inauguración do evento no municipio portugués

A concelleira de Cultura do Concello de Oroso, Vanesa Boo, e Luis Rey, que xestionou esta área ata hai unhas semanas, participaron este fin de semana na localidade portuguesa de Góis na inauguración da XIV edición do certame internacional Góis-Oroso Arte. 

O Góis-Oroso Arte celébrase en xullo en Góis e en setembro en Oroso. O evento está rodeado de actividades de todo tipo, como actuacións de música tradicional. 

Participan na exposición uns 70 artistas de 15 paises. “Oroso e o noso concello irmán de Góis abrimos un ano máis a fiestra da expresión artística para que os creadores ensinen aos nosos veciños a súa visión da realidade a través da pintura, a fotografía e a escultura”, sostén Vanesa Boo.

Tanto a concelleira de Cultura coma a presidenta da Cámara Municipal de Góis, Lurdes Oliveira Castiñeira, destacaron a calidade das obras. “Para o Concello de Oroso, a cultura accesible para todas as idades é unha prioridade de goberno; grazas o interese mostrado por todos os veciños e veciñas, a programación cultural medra cada ano e obríganos a ser máis esixentes”, engadiu Boo no acto de inauguración. 

Comentarios
Lo más