O BNG de Boiro denuncia o peche do dispensario médico no Cabo da Cruz

O BNG de Boiro denuncia o peche do dispensario médico no Cabo da Cruz
O BNG de Boiro denuncia o peche do dispensario médico no Cabo da Cruz

Na rolda de prensa que deron no día de onte estiveron acompañados pola deputada nacionalista no Parlamento Galego, Montse Prado

O BNG de Boiro denuncia o peche do dispensario médico no Cabo da Cruz durante os meses de verán e o recurte en persoal do Centro Sanitario e do PAC do Saltiño.

Na rolda de prensa que deron no día de onte estiveron acompañados pola deputada nacionalista no Parlamento Galego, Montse Prado, e denunciaron estes feitos así como anunciaron que se levará este problema, xunto ao resto de recurtes que teñen lugar no resto de Galicia, ás correspondentes sesións parlamentarias.

"Todos estes recurtes sanitarios teñen o interese de fondo en ir precarizando pouco a pouco a sanidade pública para xustificar os miles de millóns de euros que se desvían –tódolos anos- á sanidade privada", aseguraron os nacionalistas.

"Se aínda temos unha Sanidade Pública moi digna e eficiente é grazas ao traballo e á profesionalidade dos seus traballadores e traballadoras, por eso agora dende a Xunta xa non só reducen partidas orzamentarias, se non que tamén atacan directamente ao persoal sanitario con soldos e contratos precarios e con eliminación de postos de traballo", remataron os representantes do BNG de Boiro.

Comentarios
Lo más