Santiago volve a gardar un minuto de silencio pola última vítima de violencia machista

Santiago volve a gardar un minuto de silencio pola última vítima de violencia machista
Santiago volve a gardar un minuto de silencio pola última vítima de violencia machista

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres

A praza do Obradoiro acolleu na mediodía de onte un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este pasado sábado en Elche (Alacante).

Concelleiras e concelleiros da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

Comentarios