"Atardecer no Gaiás" traerá esta semana a Miss Bolivia, Ladilla Rusa e Betacam

"Atardecer no Gaiás" traerá esta semana a Miss Bolivia, Ladilla Rusa e Betacam
"Atardecer no Gaiás" traerá esta semana a Miss Bolivia, Ladilla Rusa e Betacam

O venres non faltarán na Praza Central da Cidade da Cultura Ladilla Rusa coa súa hipercoñecida Kit ou Macaulay Culkin, tema viral no Spotifty a nivel nacional ao superar as 800.000 reproducións

Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, comezará esta hoxe mércores, día 17, coa forza dos ritmos e das letras de Miss Bolivia, alcume artístico de Paz Ferreyra. Esta arxentina fusiona cumbia, hip hop, dance, reggae ou funk para darlle visibilidade con ritmos de baile a problemas sociais, facendo especial fincapé na igualdade e na emancipación da muller.

A premiada como Mellor Artista Soundsystem no Rototon Reggae Conste Latino despregará no escenario Cervezas Alhambra —patrocinadora deste ciclo— un repertorio de cancións, que convidan a bailar cunha estratexia explícita de espertar consciencias sobre lacras sociais como a violencia machista.

Tras realizar xiras por México, O Brasil, Uruguai e A Arxentina, ademais de ter participado en festivais como o de Quilmes Rock, Cidade Emerxente, Urban Music Fest, BAFICI, Baradero Rock e Trimarchi DG, agora está de xira por Europa. Deste xeito, abrirá Atardecer no Gaiás desta semana, que se adianta a mércores, en vez de arrancar no tradicional xoves. Este cambio está motivado pola proxección, o 18 de xullo, dos dous primeiros capítulos da serie de éxito de Netflix La casa de papel. Unha preestrea mundial ás 22,30 horas na praza exterior da Cidade da Cultura, con entrada de balde, e que se fai simultaneamente en once cidades.

LADILLA RUSA E BETACAM

O ciclo, que conta tamén coa colaboración do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM), retómase, por tanto, o venres 19, con Ladilla Rusa. Este dúo de xornalistas cataláns garanten diversión tanto nos seus ritmos de electropop costumista arrabaldeiro, como nas súas letras ateigadas de ironía e retranca. Non faltarán na Praza Central da Cidade da Cultura a súa hipercoñecida Kit ou Macaulay Culkin, tema viral no Spotifty a nivel nacional ao superar as 800.000 reproducións.

Pechará os solpores musicados desta semana Betacam, novo proxecto do hiperactivo Javier Carrasco —membro de bandas como Rusos Blancos, Templeton ou Tulsa— quen conseguirá o sábado 20 transportar o público á escena musical dos 80 con pequenas perlas de pop electrónico de autor.

Estes tres concertos forman parte das 20 actuacións que compoñen o ciclo Atardecer no Gaiás, que se celebrará na Praza Central da Cidade da Cultura ata o 17 de agosto, nunha edición que lles dá visibilidade aos ritmos que triunfan na actualidade entre a xente máis nova, como é o caso dos tres artistas desta semana. 

Comentarios
Lo más