Un vehículo arde na A-6, ao seu paso polo concello de Aranga
Por fortuna, ninguén resultou ferido e o coche calcinado será retirado polo guindastre.
Un, neste caso nun coche, sorprendeu aos condutores que sobre as 15:30 horas da tarde de onte viaxaban pola A-6, ao paso polo concello coruñés de Aranga, en sentido Madrid.
Varias persoas contactaron co 112 Galicia para dar conta da situación, que estaba a dificultar a circulación pola autovía.
Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros de Betanzos para sufocar o incendio, que arrasou por completo o vehículo e afectou a unha zona de árbores, á beira da vía.
Por iso, ademais dos efectivos de extinción, acudiron ao lugar os membros do Distrito Forestal da zona e os membros do GES de Curtis.
Por fortuna, ninguén resultou ferido e o coche calcinado será retirado polo guindastre.