II Edición do Torneo do Apóstolo de "Pitch and Putt"

II Edición do Torneo do Apóstolo de "Pitch and Putt"
Santiago Turismo
II Edición do Torneo do Apóstolo de "Pitch and Putt"

"Estamos moi contentos da acollida e repercusión que o torneo está a ter entre os practicantes desta modalidade deportiva"

A segunda edición do Torneo Apóstolo de Pitch and Putt levarase a cabo nas renovadas instalacións do campo de Tambre Golf de Porto Vieira, en Sigüeiro-Oroso.

O "Pitch and Putt" é unha variedade de golf para a mellora do xogo corto ata 120 metros con 18 furados e un percorrido chá, suave e rápido con dúas zonas separadas.

O torneo contará cunha saída ó tiro o día 24 ás 17:00 horas, cunha cuota máxima de 20 participantes e outra saída ó tiro o día 25 de xullo ás 10:00. 

A organización síntese especialmente orgullosa de acadar a cifra de 4.000 euros obtida pola colaboración de empresas de Santiago e que estarán presentes en forma de agasallos, premios e sorteos. Ademais de contar cun campionato de primeiro nivel, que pode presumir do recente campión galego Marcos Gómez.


Comentarios