Tres persoas feridas nunha colisión múltiple en Porto do Son

Tres persoas feridas nunha colisión múltiple en Porto do Son
Tres persoas feridas nunha colisión múltiple en Porto do Son

O accidente ocorreu no punto quilométrico 98 da AC-550, á altura da parroquia de Xuño, ao fío das 11:10 horas

Tres persoas precisaron asistencia médica esta mañá despois de producirse unha colisión na que se viron implicados dous turismos en Porto do Son. O accidente ocorreu no punto quilométrico 98 da AC-550, á altura da parroquia de Xuño, ao fío das 11:10 horas.

Ata o lugar achegáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Boiro, a Policía Local e o servizo de mantemento da estrada, ademais dos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias.

Unha vez evacuadas as persoas feridas no sinistro, os servizos de emerxencia encargáronse de retirar os restos do accidente co fin de restaurar as condicións de seguridade na vía de circulación.

Comentarios
Lo más