​O campamento urbán de Touro non cumpre a legalidade

​O campamento urbán de Touro non cumpre a legalidade
​O campamento urbán de Touro non cumpre a legalidade

A oposición queixase de que non cumple na normativa actual da Xunta

Durante o mes de Xullo e a primeira quincena de Agosto desenvólvese en Touro o chamado "Xullo Lúdico", un campamento para nenos/as de entre 6 e 13 anos. Tal e cómo establece  a normativa en materia de Xuventude, as actividades deberán contar cun mínimo dun técnico dirixente por cada 10 alumnos/as. 

Após de que o concello publicou na súa páxina web e nos medios de comunicación unha inscripción de 60 cativos, a licitación do servizo establece a contratación de tan só 4 monitores/as, o cal incumpre a normativa existente e demostra a escasa preocupación do rexedor Ignacio Codesido pola calidade dos servizos educativos que se ofertan, primando a oferta económica e favorecendo a precarización do persoal contratado ó mesmo tempo que se sobe o soldo até os 43.000€ (máximo legal permitido). A marea veciñal insta ó goberno local a que actúe según a legalidade, xa que se está poñendo en perigo a seguridade dos nenos e nenas e mesmo lle podería traer consecuencias legais.

O principal grupo da oposición tamén apunta que o campamento non sirve para conciliar a vida familiar e laboral como anuncia o concello, xa que os horarios (10:00-13:30) non se adaptan á realidade das familias.

Comentarios
Lo más