A rapazada do campamento de conciliación “Xoga con nós” saíron a coñecer o labor das redeiras no día da Virxe do Carme

En Ribeira, os máis cativos tiveron a oportunidade de poñerse na pel das redeiras

Con motivo da celebración do día do Carme, os nenos e nenas participantes no campamento de conciliación “Xoga con nós” acudiron ao recheo do peirao portuario de Santa Uxía co fin de observar aos redeiros que fan alí o seu labor.

Nesta saída, un profesional explicou á rapazada para que se empregan as redes e a forma de montalas e reparalas.

Deste xeito, puideron enriquecer a súa aprendizaxe afondando nos oficios tradicionais da nosa contorna. Este traballo que se atopa en perigo de extinción nas nosas rías e un valor importantísimo para o sector pesqueiro en Galicia, de aí o interese de amosar ós máis cativos un oficio que é fundamental para os portos pesqueiros, pero que moita xente moza rechaza polo sacrificado que é.

Redeiros2

Comentarios
Lo más