A nota de corte máis alta para acceder a Universidade é de 13,552

A nota de corte máis alta para acceder a Universidade é de 13,552
Imaxe de arquivo
A nota de corte máis alta para acceder a Universidade é de 13,552

Hoxe, mércores 17 de xullo, abre o prazo para inscribirse nos graos galegos.

As carreiras universitarias galegas que esixen a nota máis alta de aceso en Galicia abren o primeiro prazo hoxe, mércores 17 e son tres dobles graos: Matématicas e Física, Matemáticas e Enxeñería Informática e Xornalismo e Comunicación Audiovisual, todas se imparten no Campus de Santiago de Compostela cunha nota de 13,552, 13.100 e 13,014 respectivamente sobre 14.

O prazo para matrícularse remátase o 19 de xullo ás 14:00 según informa a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) e recalca que o trámite se fai a través de internet.

Como novidade, as universidades galegas estrean catro novas titulacións relacionadas ca tecnoloxía e dixitización e a súa nota de corte máis alta é de 9,636, cuxa nota pertence ao grado en Creación Dixital, Animación e Videoxogos da UDC. Na mesma universidade atópase a nova titulación ca 2ª nota máis alta: Ciencia e Enxeñería de Datos, cun 8,239. Robótica cun 8,096 sitúase na terceira nota máis alta das novas titulacións, aínda que esta forma parte da USC no campus de Lugo. Por última, encóntrase o grado en Información e Documentación cunha nota de corte moi accesible, cun 5,930 no campus de Ferrol.

As notas de acceso máis altas ós graos únicos seguen sendo Mediciña na USC cunha nota de 12,575, Biotecnoloxía (12,446), Odontoloxía (12,080) e Enfermería (11,786).


Comentarios
Lo más