As atraccións da Alameda terán un horario inclusivo sen ruído de 17:00 a 19:00 horas os días 23, 25, 27 e 30

Durante estas dúas horas, nos días mencionados, as atraccións da Alameda non utilizarán nin a música nin a megafonía

Co obxectivo de facilitar a participación dos nenos e nenas con diversidade funcional nas atraccións feirais da Alameda, a Concellaría de Festas, en colaboración cos feirantes, vai facilitar un horario inclusivo sen ruído, de 17:00 a 19:00 horas, os días 23, 25, 27 e 30 de xullo.

Durante estas dúas horas, nos días mencionados, as atraccións da Alameda non utilizarán nin a música nin a megafonía, favorecendo así a participación de nenos e nenas con trastornos coma o autismo, o síndrome de Asperger ou o síndrome de Down, entre outros, que teñen unha alta sensibilidade ao ruído e o balbordo. 

Comentarios