Miguel Sande, gañador da XVII edición do Premio de Poesía Afundación

Miguel Sande, gañador da XVII edición do Premio de Poesía Afundación
Miguel Sande, gañador da XVII edición do Premio de Poesía Afundación

O galardón, convocado por Afundación en colaboración co Centro PEN de Galicia, conta co patrocinio da Xunta de Galicia

O xornalista e escritor de Arteixo, Miguel Sande, gaña co poemario Os filósofos xa non brindan con cicuta a XVII edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia co patrocinio da Xunta de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 30 obras inéditas. 

A resolución do xurado, composto polas escritoras María Canosa, Ánxela Gracián e Branca Vilela; Xabier Castro Martínez, escritor e secretario do xurado; e Luís González Tosar, presidente do Centro PEN de Galicia e presidente do xurado, tivo lugar ás 18.30 h na Sede Afundación Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19). No acto estiveron presentes, ademais dos membros do xurado, Anxo Lorenzo Suárez, director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, e Pedro Otero, director xerente de Afundación.

"A obra está escrita desde unha memoria actualizada e esperanzadora. É unha visión do mundo e da condición humana serena e madura –subliñou o xurado–, pero tamén transgresora nas imaxes e retadora nas metáforas. A expresión poética está plenamente lograda nun metro de difícil factura pero pleno de sonoridade musical como é a prosa poética". Os membros do xurado destacaron así mesmo como o autor "constrúe as dúas primeiras partes do libro nunha escritura impecable, moi limpa e nun rexistro lingüístico depurado".

Pola súa banda, o director xerente de Afundación, Pedro Otero, tras felicitar ao autor premiado, destacou que "Afundación, a Obra Social de ABANCA, contempla na poesía un mecanismo de capilaridade cultural. E, precisamente, a promoción da cultura como vía para o progreso social é un dos eixes estratéxicos de Afundación.2.

Mentres, Anxo Lorenzo felicitou ao gañador e resaltou como "A colaboración e a suma de esforzos entre administracións, institucións e cidadanía resulta imprescindible para o desenvolvemento da cultura e subliñou a relevancia dunha colección como "Arte de Trobar" que recolle o legado dos grandes nomes da nosa historia literaria."

Comentarios