Ghazafellos trae a Ordes "A illa do tesouro"

Ghazafellos trae a Ordes "A illa do tesouro"
Ghazafellos trae a Ordes "A illa do tesouro"

Enmarcada dentro do ciclo Cultura na rúa, a obra teatral representarase este venres ás 20:30 horas na Alameda de Ordes e está dirixida a todos os públicos

Hoxe venres, 19 de xullo, a compañía Ghazafellos achegará ata Ordes o seu espectáculo A illa do tesouro. Poderá verse na alameda de Ordes e en caso de choiva no auditorio da Casa da Cultura a partir das 20:30 horas, e está dirixido a un público familiar. A cita forma parte do programa de Cultura na rúa, desenvolvido polo Concello de Ordes.

Coa participación do público o cadro de actores reinterpretará a fabulosa aventura de piratas. Para isto valeranse tamén dunha innovadora e dinámica escenografía en continua transformación, pasando de mesón a barco, cunha cova ou incluso cunha cerca. Música, bailes, pelexas de espadas non van faltar nesta aventura marcada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafellos e que serve de chiscadela ao clásico literario de Robert Louis Stevenson para toda a familia.

Comentarios
Lo más