Oroso mellora o entorno da piscina municipal cunha área de descanso e unha pérgola

Oroso mellora o entorno da piscina municipal cunha área de descanso e unha pérgola
Oroso mellora o entorno da piscina municipal cunha área de descanso e unha pérgola

“O número de usuarios non para de medrar e queremos dotar este espazo de mellores servizos”, asegura o alcalde Manuel Mirás

O Concello de Oroso vén de inaugurar novas melloras no complexo da piscina municipal, coa instalación dunha pérgola e unnha zona de descanso para os usuarios e as usuarias.

Estas novidades únense á área de lecer da piscina posta en marcha hai pouco máis dun mes. Todas elas forman parte do proxecto de reforma conxunta do complexo para mellorar o servizo que lle presta aos veciños.

“O número de usuarios non para de medrar e queremos dotar este espazo de novos servizos, dando sempre resposta ás demandas veciñais”, asegura o alcalde Manuel Mirás

Unha vez que remate a tempada de verán, comezaran as obras para a construción da cuberta da piscina, xa licitadas e valoradas en 210.475 euros. “Queremos desestacionalizar o uso da piscina, que esté máis meses a disposición dos orosáns”, afirma Mirás.

Para completar o proxecto de mellora do complexo, o grupo de goberno de Oroso fixo tamén reformas nos vestiarios. Ademais da piscina, o exterior das instalacións é ademais cada verán o escenario de numerosos concertos, obras de teatro ou xogos infantís.

No complexo da piscina, está habilitado ademais durante os meses de verán un posto de información para os peregrinos do Camiño Inglés

Comentarios
Lo más