O Pino homenaxeará a seis dos seus veciños máis lonxevos o 20 de xullo na festa dos maiores

O Pino homenaxeará a seis dos seus veciños máis lonxevos o 20 de xullo na festa dos maiores
O Pino homenaxeará a seis dos seus veciños máis lonxevos o 20 de xullo na festa dos maiores

A troula comezará ás 12.00 horas na Capela da Magdalena coa Banda de Música de Arca

O Concello do Pino organiza hoxe sábado 20 de xullo a súa tradicional Xuntanza dos Maiores. Seguindo coa costume dos anos anteriores, esta vixésimo terceira edición levarase a cabo na Capela da Magdalena, en Castrofeito, que acollerá os concertos, a misa, as homenaxes aos veciños máis lonxevos, o xantar e multitude de xogos. Purificación Martínez, Abelardo Paz, Dolores Ben, Manuela Moscoso, Basilisa Suárez e Carmen Ferro recibirán a distinción conmemorativa deste ano.

Os maiores de O Pino teñen unha cita este sábado ás 12.00 na Capela da Magdalena de Castrofeito para celebrar a XXIII Xuntanza dos maiores. O concerto da Banda de Música de Arca dará comezo a unha intensa xornada que se extenderán ata as 19.30 horas. A partir das 13.00 horas, os convidados gozarán da misa de campaña, seguida da entrega das distincións conmemorativas a seis dos veciños máis lonxevos do concello e do xantar de confraternidade. A sobremesa correrá a cargo do Dúo Eva e Camilo, pero tampouco faltarán os xogos.

Este ano os veciños homenaxeados son Purificación Martínez Ferro (Castrofeito), Abelardo Paz Fondevilla (Gradamil), Dolores Ben Méndez (Arca), todos eles con 94 anos de idade. A eles súmanse Manuela Moscoso Cabaleiro e Basilisa Suárez Castiñeiras, ambas as dúas con 93 e de San Miguel de Cerceda. Pero a gran celebración é a do centenario de Carmen Ferro Seijo, por iso ela tamén recibirá a súa distinción conmemorativa.

Os interesados en achegarse a esta celebración poderán utilizar o servicio de autobuses que percorrerá as parroquias do Concello de O Pino a partir das 11.30 horas, excepto Castrofeito, para que ninguén se perda esta troula que xa se converteu nunha tradición.

Comentarios