Controlan o vertido dun camión que envorcou en Narón

Controlan o vertido dun camión que envorcou en Narón
Controlan o vertido dun camión que envorcou en Narón

Ninguén resultou ferido e a carga do camión, cal triturada, apenas sufriu danos

Os servizos de emerxencias contiveron ata a súa recollida un derrame de combustible procedente dun camión que envorcou sobre un vehículo aparcado en Narón.

Por fortuna, ninguén resultou ferido e a carga do camión, cal triturada, apenas sufriu danos.

Todo sucedeu ás 15:30 horas de onte, cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar dun camión de transporte envorcado sobre un coche na rotonda de acceso á Rúa Rieiros, no Polígono Río do Pozo. Tras confirmar que o turismo estaba baleiro e o camioneiro en perfecto estado de saúde, desde o 112 pediuse a colaboración dos Bombeiros de Narón co fin de comprobar o estado da carga.

Pouco despois, confirmaron que o camión transportaba cal triturada e apenas resultou afectada. Descartaron ademais calquera risco para a poboación e, iso si, contiveron en pequenas piscinas un derrame de combustible procedente do depósito do camión ata a completa retirada por parte da empresa responble do transporte. 

Comentarios
Lo más