Rescatan a unha muller nun accidente de tráfico en Padrón

Rescatan a unha muller nun accidente de tráfico en Padrón
Rescatan a unha muller nun accidente de tráfico en Padrón

O sinistro produciuse no punto quilométrico 89 da AP-9, uns minutos antes das 19:50 horas

Unha muller resultou ferida a pasada tarde en Padrón ao saírse da vía o turismo no que viaxaba. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia, ao quedar atrapada no interior do coche accidentado.

O sinistro produciuse no punto quilométrico 89 da AP-9, uns minutos antes das 19:50 horas, en sentido A Coruña.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente e, acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, do GES de Padrón, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos Bombeiros de Boiro.

Comentarios