Evacúan a un mariñeiro que sufriu unha indisposición a bordo dun barco en Ferrol

Evacúan a un mariñeiro que sufriu unha indisposición a bordo dun barco en Ferrol
Evacúan a un mariñeiro que sufriu unha indisposición a bordo dun barco en Ferrol

O mariñeiro foi evacuado na aeronave ao aeroporto da Coruña

Un mariñeiro precisou ser evacuado esta mañá ao sufrir unha indisposición a bordo dun barco que navegaba na ría de Ferrol, en sentido A Coruña.

Foi unha persoa particular quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia uns minutos antes das 7:30 horas e, decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación e un helicóptero de rescate. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias.

Finalmente, o mariñeiro foi evacuado na aeronave ao aeroporto da Coruña.

Comentarios