Galicia xa conta cun novo senador por designación autonómica pola formación de En Común Podemos

Galicia xa conta cun novo senador por designación autonómica pola formación de En Común Podemos
Galicia xa conta cun novo senador por designación autonómica pola formación de En Común Podemos

O novo senador incidiu en que quere xogar "un papel activo para vertebrar o verdadeiro cambio"

O novo senador galego de designación autonómica, José Manuel Sande, tomou posesión este mércores do seu cargo e avanzou as liñas nas que quere traballar nesta lexislatura.

"Representamos a Galicia, a unha unidade, a un espazo de confluencia progresista de esquerdas. Durante esta lexislatura traballaremos de xeito conxunto para trasladar ás Cortes todas as demandas da cidadanía galega", afirmou Sande.

O novo senador incidiu en que quere xogar "un papel activo para vertebrar o verdadeiro cambio".

Entre outras cuestións, destacou a importancia da recuperación da memoria, como o caso do Pazo de Meirás, e avanzou que pode producirse unha situación similar coa Casa Cornide da Coruña.

Na presentación, o senador estivo acompañado dos deputados Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, que mostraron a unidade de acción para tratar de sacar adiante as iniciativas e demandas da sociedade galega.

Neste senso, incidiron na importancia de que se constitúa o novo Goberno e que o PSOE deixe de frustrar as negociacións e o diálogo.

"O 28A abriuse unha fenda de esperanza e o PSOE está frustrando esta posibilidade. Está impedindo que mellore a vida da xente. A cidadanía está farta de ver que non somos capaces de sentarnos a negociar. Pedimos ao Goberno en funcións que rectifiquen", incidiu Yolanda Díaz, voceira de Galicia en Común.

Comentarios
Lo más