Os socialistas esixen ao alcalde de O Pino que informe aos veciños das limpezas obrigatorias das fincas

Os socialistas esixen ao alcalde de O Pino que informe aos veciños das limpezas obrigatorias das fincas
Os socialistas esixen ao alcalde de O Pino que informe aos veciños das limpezas obrigatorias das fincas

Denuncian que non está a informar á veciñanza da obriga de manter limpas as fincas que ameazan vivendas e edificios, nin que tampouco, o ente local, está a executar de forma subsidiaria ditos traballos para evitar os incendios forestais

Os Socialistas de O Pino veñen de solicitar por rexistro que o Alcalde de O Pino, o popular Manuel Taboada, cumpra co seu deber na prevención dos incendios forestais.

Denuncian que existen varias vivendas no municipio, e incluso edificios no núcleo urbano de Pedrouzo, que están ameazadas en caso de incendio, que o Alcalde é sabedor de tal situación, “hai escritos presentados por distintos veciños/as e comunidades de propietarios, e, el, mira para outro lado”, apunta.

Os Socialistas lémbranlle que, como rexedor, ten a obriga de informar a todos aqueles veciños/as titulares e propietarios de fincas en solo urbano, urbanizable e núcleo rural que teñen que cumprir co estipulado na Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia. Mantendo as súas fincas limpas e coa masa vexetal desbrozada, con unha especial atención as incluídas nas franxas dos 50 metros perimetrais.

Traballos, que, todos os anos, deberían estar realizados antes de finais do mes de maio como así indica a normativa.

"MÁIS VALE PREVIR QUE LAMENTAR"

O escrito presentado, polo PSOE local, indícalle ó Alcalde que o seu primeiro deber é informar á veciñanza, advertindo á mesma que no caso de incumprimento a Administración municipal poderá executar os traballos de forma subsidiaria sen prexuízo de pasar o cargo correspondente. Tamén lle recordan que un Alcalde ten que cumprir e facer cumprir as leis, aínda que poidan parecer impopulares, e que “máis vale previr que lamentar”.

Solicitando, por todo isto, que se informe canto antes a toda a veciñanza, e que Administración local proceda á limpeza inmediata das fincas que actualmente ameazan as distintas edificacións.

Comentarios
Lo más