Os socialistas denuncian a "puntuación obxectiva" da Red Madre para obter un local público en Pontevedra

Os socialistas denuncian a "puntuación obxectiva" da Red Madre para obter un local público en Pontevedra
Os socialistas denuncian a "puntuación obxectiva" da Red Madre para obter un local público en Pontevedra

O apartado no que se concede unha maior puntuación é “a relevancia social do proxecto a desenvolver”; polo que o PSdeG demanda coñecer en que consiste o plantexamento explicitado por Red Madre

O Grupo Socialista vén de presentar unha iniciativa parlamentaria para esixir á Xunta que aclare a puntuación obtida por Red Madre no concurso aberto para a cesión dun local público en Pontevedra.

Sobre todo, á vista de que os criterios son “dificilmente obxectivables” e de que a entidade antiabortista quedou por diante doutras como a Asociación Española contra o Cancro, que obtivo menos puntuación, e de que organizacións como Greenpeace ou o Baloncesto Estudantes de Pontevedra foron excluídas.

En concreto, o apartado no que se concede unha maior puntuación é “a relevancia social do proxecto a desenvolver”; polo que o PSdeG demanda coñecer en que consiste o plantexamento explicitado por Red Madre.

Ao fío disto, o Grupo Socialista inquire tamén ao goberno de Feijóo se “comparte os contidos” pendurados na páxina web de Red Madre, nos que se advirte dos “riscos físicos” e dos “problemas de parella” que pode causar o aborto, entre outras alertas relativas á “tristeza” das mulleres que abortan e ao “sufrimento” dos fetos.

“Concorda o goberno galego coa protección que a lei que regula a interrupción voluntaria do embarazo fai da decisión persoal de ter ou non descendencia?”, reclaman saber as deputadas Patricia Vilán, María Pierres e Begoña Rodríguez Rumbo.

Todo isto, apenas unha semana despois de que o PP de Feijóo optase pola abstención no Pleno do Parlamento nunha iniciativa socialista en defensa do cumprimento da mencionada lei.

Comentarios
Lo más